xoves, 16 de abril de 2020

AULA LUAS: XOGAMOS CON CAIXAS ,FOTOS DA ESCOLA, PRACTICAMOS PSICOMOTRICIDADE

Saúdos familias:

     Estamos a preparar máis suxestións de actividades para vos.

Nesta ocasión pensamos empregar como material básico as caixas de cartón que todos tiramos na casa e que poden ter aproveitamento nestes días. 

As veces os neno@s están cansos de ver tanto xoguete tirado pola casa. É moi útil retirar da súa vista algún xoguetes por un tempo e gardalos nun lugar non accesible para eles. Logo ir ofrecéndollos de novo, pasado un tempo. Seguro que o tratarán como un xoguete novo, con máis atención e emoción que cando están xa cansados de velos tirados polo chan.

Velaí vai un exemplo de dúas cousiñas para facer con caixas de cartón cos nosos nenos.





      Nunha actividade realizada na Escola pouco antes do confinamento empregamos dúas caixas a modo de lavadora e secadora. Estes dous materiais xunto cun cordel, pinzas de roupa e uns cantos retallos contribuíron a realizar unha sesión de xogo simbólico moi frutífera e divertida para todos. Ensinámosvos algunhas fotos:


O material é sinxelo

O xogo precisaba concentración

Algúns  buscaban axuda pero outros mantíñanse concentrados


 Ó rematar  recolleron a roupa tendida

      Para rematar esta semana podedes botarlle un ollo a este vídeo de actividades de psicomotricidade fina. Poden servirvos de modelo para algún momento cos vosos nen@s.






Unha aperta grande para tódolos nenos da Escola. Seguro que xa medrastes moito!!
Ata Pronto


Ningún comentario:

Publicar un comentario