martes, 21 de maio de 2019

Saída aos cabalos

Esta mañá puidemos visitar a hípica Finca Veiguiña, para poder acercarnos ao mundo do cabalo. O primeiro que puidemos ver foi a diferencia entre un cabalo e a burriña Catalina, á que todos os que nos apetecía puidemos tocar e acariñar. Logo ensináronos como se lle fan trenzas aos cabalos, neste caso foi á preciosa egua Nube, para que despois nos mostrase na pista todo o que sabía facer co seu xinete. Tamén probamos as cadeiras de montar, ¡¡encantounos!!  Antes da merenda visitamos as cuadras dos cabalos que tiñan alí como a de Trigueña, Churri... Foi xenial poder xogar coa avea dos cabalos. ademais puidemos merendar no xardín e gozar de Nube e Churri facéndonos as súas demostracións. ¡Pasámolo pipa ata no autobús!















xoves, 16 de maio de 2019

Día das letras galegas

Hoxe, para celebrar o día das letras galegas, tivemos unha visita moi especial. A sala de bicis estaba cha de emoción e ganas de escoitar á contacontos que nos acompañaba. Rimos, cantamos e xogamos moito mentres nos contaba a historia moi mariña e nos ensinaba personaxes que aparecían do obxecto máis insospeitado. ¡Quedamos encantados!






mércores, 15 de maio de 2019

Saída ós pasales

Hoxe saímos de excursión camiñando ao parque dos Pasales as nenas e nos das aulas das estrelas e das lúas. ¡Pasámolo pipa camiñando agarrados á corda cantando as nosas cancións! Ademáis a policía local acompañounos todo o camiño e fixonos un montón de gracia cando nos poñía a súa sirena.
Cando chegamos ao parque xogamos moito e logo comemos as nosas mazás e os nosos bocadillos para repoñer forzas e voltar a xogar de novo.
A volta foi moito máis entretida pois, a pesar de estarmos moi cansados, cruzarnos coa garda civil e escoitar que a súa sirena era distinta encantounos. A chegada ao  colexio foi rapidísima e despois poidemos aínda aproveitar para xogarmos un ratiño máis.






















mércores, 8 de maio de 2019

Visita da nai e do pai de Iker

O pasado venres viñeronnos visitar os pais de Iker á aula das lúas. ¡Qué ilusión nos fixo cando nos ensinaron tantos intrumentos! Puidemos tocar a pandeireta, o bombo co seu mazo, o tambor con dúas baquetas e o mellor de todo, ¡puidemos ver como soaba a gaita! A nós encantannos as cancións, así que o papá de Iker tocounos "a saia da Carolina" e "♪♫o galo canta, a galiña chora...♪♫".
Iso sí a nosa favorita foi e será sempre a da "cumpleaños feliz"!!







Aniversarios maio

Miña nai!!!! Neste mes de abril houbo unha morea de aniversarios na escola infantil. Na clase dos soles, máis da metade da clase naceu neste mes: Andrea, Megan, Mario, Valentina e Malia fixeron o seu primeiro aniño. Nas nubes tanto Anxo coma Antía foron os que estiveron de aniversario. E por último, nas estrelas e lúas, Enzo xa ten os 3 anos e José Antonio fixo os 2. PARABÉNS A TODA A RECUA!!!!!