xoves, 16 de abril de 2020

AULA ESTRELAS!!

Ola familias! 
As mestras da aula das ESTRELAS sabemos que este mes está cheo de aniversarios! A maioría dos nen@s desta aula cumpren os seus 2 aniños nestes días. 
PARABÉNS para Andrea, Sofia G., Mario, Megan, Valentina, Malia, Lara e Claudia. 
Parabéns tamén para a profe Andrea V.!!!
Aproveitando isto, queremos dicirvos que unha das actividades máis enriquecedora e que máis lles gusta aos pequechos é axudar na cociña.
Propoñémosvos un biscoito sinxelo no que eles poden coñecer ingredientes polo seu nome, manipulalos e xuntalos nun bol para remexelos e posteriormente meter no forno.

Ingredientes: 
3 ovos
1 sobre de levadura 
1 iogur natural
3 vasiños de iogur de fariña
1 e 1/2 vasiño de iogur de adozante (pasta de dátiles, azucre, edulcorante...)
3/4 de vasiño de iogur de aceite (oliva suave, xirasol...)
Raspadura dun limón


Podedes cociñar ao ritmo da canción e conto de Cocorico que é un pitiño ao que lle gusta moito o biscoito!



Esperamos que vos saia moi ben e que o comades con moito gusto....ñam, ñam.....

Seguimos con outra idea que vos vale para facer na casa. So precisades de unha cinta (carroceiro ou americana), unhas mazás e un recipiente.
Pegades a cinta no chan facendo unha forma de árbore, colocades as mazás nas pólas e os peques terán que coller as mazás para o recipiente. 
Podedes aproveitar para repasar as cores das mazás, contar cantas hai, facer equilibrios para sempre pisar a cinta, probar con un pe so, inventar unha historia, o que se vos ocorra para pasar un tempo divertido en familia.
Deixámosvos un exemplo en forma de imaxe.




Tamén contarvos que na aula imos introducindo algunha canción en inglés para que pouco a pouco vaian interiorizando a existencia de outros idiomas. Sorprenderíavos o ben que a saben estes raparigos! Probade a poñerlle so a música sen imaxes e veredes o resultado!



Para rematar, ensinámosvos un conto que lemos habitualmente na clase e que coñecen moi ben!




Unha semana máis, desexarvos un bo confinamento. Que o levedes o mellor posible e esperemos que poidamos vernos pronto! 
Calquera dúbida ou consulta estamos dispoñibles nos comentarios do blog, no número de teléfono da Escola Infantil. 
As profes
Lara e Andrea
moitos biquiños

1 comentario:

  1. Moitas gracias profes!! A Malia gústalle moito escoitar e bailar as cancións que coñece da escola! Un saúdo, ata pronto!:)

    ResponderEliminar