venres, 22 de novembro de 2019

AS FAMILIAS VISITAN A NOSA ESCOLA.

TALLERES COAS FAMILIAS

  Un dos nosos proxectos da aula das Luas consiste na elaboración por parte das familias dun pequeño taller ou actividade para desenvolver na aula con todos os nenos. Un membro da familia acude un día xa especificado á aula e nos presenta una actividade a todos.

 Comenzamos estes talleres no mes do novembro cos papás de Julia que nos falaron e ensinaron o mundo dos cabalos. Tamén fixemos prácticas de equitación simulada 




Ensinaron algunhas fotos sobre os cabalos  e a súa alimentación.



Os máis atrevidos montaron no cabalo de madeira.   
 

 O papá de Irene acudíu á nosa escolanoutra xornada e deleitounos con diferentes cancións interpretadas coa guitarra, coa flauta e ata coa gaita. Os nenos estiveron moi atentos e impresionados ó principio coa música en directo. Pero xa se sabe que a música invita a mmoverse e acabamos bailando.


A música en directo é moi estimulante
  
Tamén probamos a tocar os instrumentos
MOITAS GRACIAS POR ESTAS COLABORACIÓNS ÁS FAMILIAS
TODOS IMOS APRENDER E DISFRUTAR MOITO

xoves, 21 de novembro de 2019

CURSO 2019-20

   Ola familias:
    Iniciamos un novo curso con lavado de cara na escola. Está moi bonita,  branca, cunha luz moi brillante, alegre!...
    Xa superamos o periodo de adaptación e a gran maioría dos nenoas/as están contentos nas aulas .
Un novo curso para as profes, con moita ilusión, e para os pequnos, un pouco máis inseguros. Os que xa acudían o curso pasado disfrutan dos xogos e da compañía dos amigos. Os novos  están explorando espacios, xoguetes e incluso compañeiros.
  
                 BENVIDOS A TODOS A NOSA ESCOLA .

               IMOS DISFRUTAR  TODOS XUNTOS DUN NOVO CURSO
   
Aquí van alguns exemplos de actividades deste inicio de curso.


Experimentamos...
Pintamos...

Traballamos xuntos….
NFORMAREMOS NESTE ESPACIO DAS NOSAS AVENTURAS E  ENTRETEMENTOS!

                                        GRAZAS POR CONFIAR EN NÓS!