martes, 31 de marzo de 2020

AULA SOLES e NUBES - Propostas para os nenos de 0-1 e 1-2 anos

Boas tardes a tod@s! Como o levades? O persoal da Escola Infantil Municipal de Meaño vota moito de menos a eses pequen@s e a vós, as familias. Para levardes mellor esta situación na casa, dende as AULAS dos SOLES e das NUBES, propoñémosvos unha serie de actividades e recursos para sacarlle partido a estes días, gozando cós máis cativos duns momentos en compañía. 

En primeiro lugar para traballar a motricidade grosa dos bebés hai unha serie de exercicios que se poden facer sen dificultade. Podedes velo premendo no seguinte enlace:





En canto ós cativos un pouco máis grandes (9 meses en adiante), hai moitas actividades que se poden facer con eles, xogar con obxectos da casa, plastilina, texturas, botes de leite,...  Unha mostra de estas actividades manipulativas que podedes facer son (facendo click):





Outra área moi importante para os máis pequenos é a música e a visualización de contos cantados. Un recurso que empregamos moito na Escola e que a eles lles encanta. Neste sentido son moitas as opcións dispoñíbeis, nós recomendamos para os de 0 a 2 anos os contos da Colección Da Lúa Ó Berce (Kalandraka) e a Colección do Polo Pepe (Editorial SM), xa que teñen musicalidade e  imaxes atraentes. Nos seguintes enlaces deixámosvos 2 contos cantados de ámbalas coleccións e unha canción moi coñecida "Un cocodrilo se metió en la cueva".







Isto é todo por hoxe, pero lembrade... ESTAMOS CONVOSCO! Calquera dúbida que teñades non dubidedes en pórvos en contacto con nós, estamos á vosa disposición (correo: escolainfantilmunicipal.meano@gmail.com). ATA A VINDEIRA ENTRADA FAMILIA! Na seguinte máis e mellor, unha aperta xigante!

Ningún comentario:

Publicar un comentario