luns, 25 de maio de 2020

AULA SOLES- Máis recursos manipulativos: PANEL E ARO SENSORIAL

Bos días familias!!!! Agardamos que tiverades unha boa semana... Nesta entrada, propoñémosvos dende a CLASE DOS SOLES unha actividade sensorial, xa que como vos dicimos en diferentes entradas, é unha das fontes primordiais de aprendizaxe nestas primeiras idades, e máis aínda nos bebés. Ademais seguindo a liña de ofrecervos tarefas sinxelas con cousiñas que se teñen pola casa, a suxestión de hoxe consiste na elaboración de dous recursos: UN PANEL SENSORIAL e un ARO MANIPULATIVO.

Para facermos o panel sensorial é preciso: 


  • Un anaco de cartón ou unha caixa de cartón duros.

  • Tapas de paquetes de  toalliñas de bebé.

  • Celo extra forte de dobre cara.

  • Pistola de silicona ou outro tipo de pegamento que sexa forte.

  • Texturas varias:  velcro de ambas caras, lá, papel de aluminio, papel de burbullas de embalar, cordóns, cintas,  pompóns de cores,  gomaeva, esteira, feltro, botóns, cordóns,... OLLO! Coidade sempre que non sexan moi pequenos para non atragoarse ou que se despeguen con facilidade. Procurade ofrecerlle diferentes tactos: áspero, suave, rugoso, liso,...

  • Poden meterse imaxes ou fotografías (animais, membros da familia, obxectos cotiás, deles mesmos,...).

  • 30 ideas para reutilizar las cajas de toallitas de bebé - La voz ...

    327 mejores imágenes de LACTANTES | Lactante, Actividades para ...
    Unha vez finalizado o panel podemos decorar as tapas das toalliñas e o cartón con pinturas ou diferentes tipos de papeis ou cintas adhesivas "washi-tape" para que sexa máis visual para os nosos nenos e nenas.

    Dependendo da mobilidade do neno poñeremos o panel no chan ou pegado a unha parede, da forma que sexa máis accesible para eles. A continuación deixámosmos un vídeo onde se visualiza como se fai este recurso.
    Outra das propostas trátase dun aro manipulativo e sensorial, para xa cando sosteñen a cabeciña e se manteñen boca abaixo por eles mesmos. Facelo é ben doado só se precisa:
    1. Un aro ou "hula hoop".
    2. Lá ou trapallo para forra-lo (con diferentes cores e texturas).
    3. Materiais diversos que colgarlle ou colocarlle: cintas, culler, coador, cascabeis grandes, aros, teas, xoguetes,...O QUE QUEIRADES, TENDO EN CONTA SEMPRE O DE QUE NON SEXA PERIGOSO (pequeno, cortante, tóxico,...).
    Sensory hoop DIY baby | Juguetes para bebé hechos en casa ...

    DIY: Aro sensorial · iammamas· Maternidad al cuadrado


    Estas son as propostas para os pequenos da aula dos soles, esperamos que vós gustasen moito e que as poñades en práctica. Ata a próxima entrada familias!! BOTÁMOSVOS MOITÍSIMO EN FALTA!

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario