luns, 11 de maio de 2020

AULA SOLES- Que deleite isto de experimentar coa pintura comestible!!

Boas familias! Esperamos que tiverades unha semana marabillosa... Dende a CLASE DOS SOLES esta semana propónsevos a seguinte actividade, seguindo a liña da proposta da aula das Nubes: PINTAMOS CON PINTURA COMESTIBLE, non tóxica e apta para os máis pequenos. É SUPER DOADO!!! Xa veredes...

Cómo hacer pintura de dedos comestible para niños | Menudos Bebés

Pintar é unha das principais maneiras de permitir aos nenos a liberdade de expresar. Para eles, o contacto coa pintura, poder experimentar con texturas, cores e sabores é unha experiencia que fomentará á súa creatividade, a coordinación óculo-manual e a autoestima. Ensuciarse ou mancharse tamén é aconsellable para o seu desenvolvemento. O primeiro pincel… a súa man e o primeiro lenzo o seu corpo.
Como facer pintura de dedos comestible?

Pin en colegio
Existen diferentes receitas para poder facer na casa a pintura, tende en conta os alimentos que poden tomar nese momento en función da idade.
  1. Con fariña (p.e. maizena) ou leite en po dos cativos.
  2. Xelatina de diferentes cores ou sabores.
  3. Iogur.
  4. Cereais para bebés (con ou sen glute).


Estas son as mesturas a facer en función da base que escollades:
  • Se o facedes con fariña ou leite en po: 480 ml auga, 60g. de fariña ou leite, 7g. de sal, 45g de adozante (se queredes ) e colorantes alimenticios.
  • Se o facedes con iogur: só precisades agregarlle o colorantes alimenticios das cores que gustedes (sacalo con antelación, aprox. 30 min antes de usalo).
  • Se o facedes con papilla de cereais: agregarlles auga e colorantes á gusto ata atopala o suficientemente consistente.

Agora vos preguntaredes como levamos a cabo a actividade?
Pois ben, vertemos un pouco da pintura nos recipientes. Estendemos o papel branco, tea ou plástico no chan e colocamos os recipientes no medio, deixando liberdade ao neno ou nena para que usen o material como eles considere, senón tamén podedes empregar espazos máis limitados (bañeiras, caixas, trona, ...). Podedes agregar un pouco de auga para mostrarlle que a pintura se volve máis esvaradía, ou mesturar as cores para que vexa como cambian. Para mellor soltura e comodidade podedes sacar a vestimenta do pequeno agás o cueiro!

Tamén podedes entregarlles algún material para estampar, se gustades, como poden ser laranxas, limóns, follas, esponxas,... Ou poñerlles unha cartolina ou lenzo e papel transparente, a ver que cousiñas bonitas fan.
Manualidades para hacer con bebes de 1 año | Manualidades5 manualidades para bebés de juegos sensoriales | Actividades para ...

Aquí vos deixamos unha mostra de como facer esta actividade na casa, mediante un vídeo, que sempre axuda para visualizar mellor e aclarar dúbidas.

E por último, deixámosmos un contiño, porque nestas idades xa ha de potenciarse a lectura, non vos esquezades... Este é un dos nosos contiños preferidos. É da Editorial Kalandraka e titúlase "Lúa".


Botámosvos tanto de menos... Ata a vindeira entrada, moitos bicos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario