xoves, 21 de maio de 2020

AULA LÚAS: Eiruga de cartón para pasear e canción sobre o corpo.


OLA FAMILIAS:
   
   Dende a casa seguimos a pensar en todos vós. Como xa saímos todos a pasear á rúa, ó campo ou onde poidades propoñémosvos elaborar un compañeiro de paseo para o voso nen@. Todos tendes xoguetes na casa moi bonitos e divertidos pero a construción dun xoguete propio é especial. Os nenos senten a implicación e a preocupación polo proceso dende  os adultos que o acompañan e gozan moito do período de tempo da construción e logo tamén do xoguete. É un xoguete propio e especial. IMOS CONSTRUIR UNHA EIRUGA CON ROLOS DE PAPEL XIXIÉNICO. Os rolos de papel é un material básico que nunha casa con nenos sempre podes aproveitar.
   
    Neste caso imos precisar o seguinte material:


  • Tubos de cartón 
  • Pintura de cores
  • Fío de lá ou cordel similar.
  • Pegamento
  • Rotulador 
  • Dous ollos, poden ser botóns , debuxos de ollos...
  • Dous anacos de limpiapipas ou arame para as antenas.
     Para comezar pintamos os rollos de papel das cores que queiramos. Podemos suxerir facer unha serie, isto é collemos dúas cores e imos alternado, por exemplo azul, amarelo,azul, amarelo...
Para os nosos nenos é mais doado empregar só dúas cores. 

    Cando xa estean secos  facemos un burato que atravese de lado a lado o rolo . Podemos empregar un lapis ou un desaparafusador. Polo burato imos introducindo o fío de xeito que se unan todos os rollos, deixando un nó ó final e un anaco grande que sirva para tirar por el onda a cara do gusano. Para decorar a cara empregamos os ollos, as antenas e pintamos a boca co rotulador.  Xa está lista a eiruga para ir pasear!!
Seguro que andamos moito.



   As cancións e a música deben ter sempre un momento na vida dos nosos pequen@s. Así o vivimos e o disfrutamos no noso Centro.

Dende aquí imos compartir con vós esta canción que serve para recordar as partes do noso corpo. Podedes ampliar as estrofas añadindo as partes de corpo que vos queirades. Pedídelle ós nenos que nomeen mais partes para aumentar a canción






ATA PRONTO FAMILIAS. 

 XOGADE, CANTADE E 
LEDE MOITOS CONTOS!!!

   
    

Ningún comentario:

Publicar un comentario