xoves, 7 de maio de 2020

AULA LÚAS , IMOS TOCAR E PINTAR !!!

OLA FAMILIAS:
    A  nosa casa está chea de recursos para xogar e aprender cos pequenos/as. Eles xa o saben . De feito seguro que non paran de experimentar cousas novas. Por iso é conveniente prepararlle nós os adultos os experimentos, para que poidamos controlar que non haxa demasiados efectos secundarios non desexados 😊.

   Nesta ocasión imos tocar instrumentos caseiros feitos con botellas e auga. Sempre o mais divertido dunha actividade e ver como se prepara e axudar ós papás. A continuación vai un vídeo onde explicamos como podemos facelo.

   Unha das actividades máis satisfactorias para os nenos é pintar con pintura de dedos. Encántalles. Podemos empregar as mans, ou pinceis. Da igual, seguro que as mans sempre acaban cheas de pintura. Por iso a actividade que propoñemos é facer un colar con rolos de papel hixiénico.. Para elo precisamos: 

- Rolos de papel baleiros
-Pintura de dedos e pinceis
-Tesoiras
- Un cordel 

  A actividade consiste en ir pintando os rolos de papel con diferentes cores, cando estean secos cortalos en anacos (a metade ), e deixarlles un cordel para que vaian inserindo os círculos de papel. Cando o colar estea listo é moi importante facer un desfile co resultado para que todo o mundo observe que ben quedou. Incluso poderiamos levalo ó paseo do día!!






      Cando teñades un momento para reflexionar e facer pensar un chisco ó voso pequen@. podedes botar man deste conto: Por Cuatro esquinitas de nada. Pobre cadradiño...😢😢


Un cariño para todos, dende a casa. 
Saíde a pasear cos nen@s que é unha boa opción e xa se pode.

Ningún comentario:

Publicar un comentario