martes, 26 de maio de 2020

AULA NUBES

Ola familias! ¿Qué tal estades?. Na entrada de hoxe propóñovos crear unhas LUVAS SENSORIAIS. A estimulación sensorial busca, ante todo, fomentar ó máximo tódalas áreas do desenvolvemento, dende a física e emocional, pasando pola da linguaxe e cognitiva. A entrada de información do entorno prodúcese mediante o sistema nervioso, a través dos sentidos, os cales responden con esas sensacións e percepcións.
A estimulación sensorial por medio dos 5 sentidos é unha práctica altamente recomendada para nen@s de tódalas idades. Os beneficios da estimulación sensorial son:

  • Potencialas relacións positivas entre iguais e co adulto.
  • Provocala exploración, a interacción, o movemento e a comunicación.
  • Mellora a coordinación e a concentración.
  • Estimula o pensamento lóxico.
  • Promove a comunicación no verbal.

Para elabora-las nosas luvas sensoriais precisamos luvas de látex e para o recheo pasta, plástico, pompóns, azucre, fariña, sal, arroz, garavanzos....o que se nos ocorra. Simplemente con un funil vamos metendo os recheos  e atamos as luvas cun nó firme.
Fomentamos moitas cousas sobre todo a estimulación táctil, permitindo que @ nen@ explore libremente. Traballámo-los conceptos duro e brando, e ata a discriminación auditiva porque algunhas luvas ó darlle golpeciños, como as dos garavanzos, fan sons.




Que gocedes moito con estas actividades baratas e sinxelas de facer. Moitos biquiños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario