martes, 19 de maio de 2020

AULA NUBES

Ola familias! Para hoxe tráiovos uns xogos feitos con material de reciclaxe. 
O primeiro xogo chámolle DERRUBA A PIRÁMIDE. Para isto temos que reunir latas de conserva, de leite en po, envases de iogures e decoralos ó voso gusto. Crearemos unha pelota con papel de aluminio, papel de periódico, unha bola de plastilina ou calquera pelota que teñamos pola casa. E xa temos un superxogo!. Só hai que facer unha pirámide coas latas ou envases, afasta-lo nen@ e anima-l@ a apuntar e derribar. Traballámo-la puntería, o control da forza, as distancias e a coordinación de movementos.






Que vos parece se agora facemos  un sinxelo XOGO DE BOLOS. Só necesitamos unhas botellas de plástico e imaxinación. Podemos decora-las botellas segundo un motivo, a primavera por exemplo. Neste caso pintaremos  cabalos do demo, bolboretas, xoaniñas, flores...






As botellas tamén as podemos encher con papeluchos de cores e decoralas con cinta adhesiva, ou encher con auga e colorante alimenticio.





Espero que o pasedes ben con estas propostas. Moito ánimo e ata a semana que ven.

Ningún comentario:

Publicar un comentario