martes, 5 de maio de 2020

AULA NUBES

Ola familias! Comezamos unha semana máis, cada día queda menos para vernos e gozar tod@s xunt@s, mentres tanto, invitarvos a realiza-la seguinte actividade: 

XOGO CON POMPÓNS é unha proposta para facer unha actividade caseira que entretén @s nen@s e ademais axúdalles a comprende-la relación causa-efecto. Tamén mellora as súas habilidades motoras finas. Este xogo para nen@s consiste en dispoñer de un rolo de papel e pegalo na parede con un pouco de cinta adhesiva. Proporcionarémoslle @ nen@ pompóns, que poden facerse ou compralos, de diferentes tamaños. @ nen@ terá que lanzalos pola parte superior do tubo e ver como caen o chan. Así descubrirá o que supón deixar caer un obxecto e tamén que, dependendo do tamaño, haberá pompóns que entren no tubo e outros que non o poden facer.





Neste momento o que máis necesitamos e valoramos son os abrazos dos que non llos podemos dar. Hoxe tráiovos un conto da Editorial S.M. onde nos explica a variedade de abrazos que existen. O conto titúlase "el libro de los abrazos".





A canción que escollín para esta semana é "El gallo Pinto". Os nen@s coñécena moi ben, cantámola moito na aula. Seguro que lle fará moita ilusión recordala.


Por hoxe nada máis. Para a semana que ven traerei máis ideas para que tod@s nos podamos divertir. Un bico




Ningún comentario:

Publicar un comentario