xoves, 14 de maio de 2020

AULA LÚAS, PSICOMOTRICICDADE NO PASILLO E LOGO IMOS DE PASEO

Ola familias: 
   
  Dende a clase das LÚAS volvemos a saudarvos a todos!!!
  Esta nova proposta de actividades está relacionada co movemento. Os nen@s precisan acción durante a maior parte do seu día. É necesario para a súa evolución física e cognitiva. Na nosa casa podemos organizar unha pista de psicomotricidade básica pero moi efectiva. So precisamos un corredor ou pasillo ou calquera zona longa para ter espazo suficiente, cinta de carroceiro para pegar no chan e unhas cantas instrucións para movernos por ela.  Con estas fotos podedes facervos unha idea do proceso.










   Ademais das instrucións que se ven nas fotos tamén podedes "andar en crequenas (cuclillas)", "en zigzag", "cara adiante e cara atrás", "gateando","imitar unha rá ou un elefante".... Botádelle imaxinación.


    Neste tempo que xa podemos saír da nosa casa, pero aínda no podemos ir ó cole podemos organizar un paseo a busca das cores no noso entorno. Trátase de proporcionar ó nen@ unha baralla de cartas de cores. Son anacos de papel de diferentes cores. Podemos facelos pintando papel branco coas cores que queiramos.

A nosa baralla das cores. Podemos engadir as cores que queiramos

    Así con esta baralla na man xa podemos sair á natureza a identificar as cores que coñecemos ou aprender outras novas. Agora na primavera é moi fácil pois as flores proporciónannos unha ampla gama de cores diferentes. Debemos potenciar que os nen@s se fixen nos cambios e no colorido que temos agora na natureza. Afortunadamente todo está vibrante e brillante!!.




Verde coma a herba
Vermello coma as fresas



Amarelo coma o limón


Rosa como estoutras flores

Azul coma o ceo. Ups!  Hoxe non está azul. 

Si, esta billa ten a cor azul!

      Con esta idea realizaredes un divertido paseo estimulando ós pequenos a que se fixen no entorno e nas súas cores. Teredes que buscar algo que sexa de cada unha das cartas da vosa baralla. Mellor se son da natureza. Seguro que haberá moitas mais cousas que observar e indicarlle ós nenos.


    Como remate deste día podedes escoitar ó grupo Migallas Teatro, tan querido na nosa escola con esta actuación con dúas conto-cancións preparado de xeito especial para o confinamento.



   
      Bicos e apertas para todos de parte da nosa Escola!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario