mércores, 27 de maio de 2020

AULA ESTRELAS, IMOS A PRAIA!!!!

Bo día familias!

Pensando na boa temperatura que temos estes días e a cantidade de areais que hai o noso arredor ocurréusenos facervos propostas  moi divertidas para por en práctica nas praias.

                                    


Aproveitando para dar un paseo podedes dicirlle os vosos nenos e nenas de recoller cunchas pola praia. Cando teñades unha boa manchea podedes xogar a seleccionar e facer varios montóns; grandes e pequenas, lisas e rugosas, distintas cores... o que se vos ocorra. Incluso podedes xogar a facer distintas formas con todas como o corazón da foto.
Logo, debemos ensinarlles aos nenos e nenas que as cunchas deben quedar na praia que é a súa casiña para non alterar o hábitat natural.


Xogo da ancla: chámase así porque teredes os pés enterrados na area preto da auga. Haberá que esperar un anaco ata que as olas vaian descubrindo os pés e gañará o que aguante con eles máis tempo agochados. Podedes xogar de pé ou sentados para estar máis fresquiños.


Aos nenos e nenas que lles guste esta sensación de enterrarse de area podedes probar con algunha parte máis do corpo, con medio corpo ou co corpo case enteiro. Aos que lles gusta dalles gustiño o calor da area e gústalles desenterrarse. Se sodes varios podedes facer concursos de quen se desenterra máis rápido.


Outro xogo con auga serían intentar encher un caldeiro coa auga que se transporta coas mans. Podedes poñer un caldeiro cerca da costa e intentar enchelo o máis rápido posible. Se sodes dous ou máis podedes facer equipos con dous caldeiros. O que antes enche gaña!



Por útimo, unha búsqueda do tesouro. Alguén da familia pode agochar algún utensilio ou xoguete mentres o resto espera cos ollos pechados. Logo dando pistas os demais membros deberán atopalo!


Sen dúbida, a praia ten moitos recursos para os nenos e nenas a todos os niveis; sensorial, psicomotor, psicolóxico.... todos moi beneficiosos para eles. Dende o contacto con distintas texturas e temperaturas (area, cunchas, auga...), á relaxación que produce a brisa do mar e o escoitar as olas romperse na costa ate o camiñar pola area mollando os pes e experimentar as sensacións de camiñar pola area mollada e pola area seca.
É un contacto directo coa natureza do noso entorno que lles soe gustar moito.

Recordade que sempre se deberá acudir a praia nas horas de menos calor, evitando a franxa horaria de 12:00h a 17:00h. Con moita protección solar e con un parasol e gorro sería o ideal. E evitando levar aos nenos e nenas menores de 6 meses.

Para rematar, deixámosvos un contiño: Pancho en la playa!


Boa semana familias! Ata a próxima entrada. Esperamos vernos moi pronto! 
Botámosvos de menos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario