martes, 12 de maio de 2020

AULA NUBES

Bos días familias!


Para esta semana propoñémosvos unha actividade que atrae a tódol@s nen@s. Como explicou ben a profe da clase dos soles, pintar é importantísimo para o desenvolvemento d@ nen@. Hoxe imos pintar cos pes. Crearemos unha pasarela utilizando papel extra mega largo ou ben dispoñendo de varios cartóns. Colocade unha bandexa con pintura de varios colores ( asegurarse de que a bandexa non se mova mentres @ vos@ peque entra e sae). E agora  uns lindos e marabillosos pes e a pintar!!




Agora podemos facelo mesmo pero cos pes envoltos en papel de burbullas coma se fosen zapatos. O que gozan @s peques xogando con burbullas, encántalles. É unha forma curiosa e divertida de pintar cos pes. Veredes que estampas tan bonitas crearán!. Pasarano xenial camiñando e pintando así cos seus "zapatos máxicos".



Como conto esta semana propóñovos "De paseo", da editorial  La Fragatina. 



Acabamos por hoxe. Na seguinte entrada deixareivos máis ideas. Ánimo que xa queda menos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario