mércores, 13 de maio de 2020

AULA ESTRELAS!

Ola familias! 
Esperamos que todo vaia ben na desescalada e poder vernos pronto.
Para hoxe ocurreúsenos unha idea moi divertida!
Sabemos que na maioría das casas este confinamento deu para cociñar, facer deporte, limpar, ordenar armarios... etc.
Quero facer fincapé neste último; orden de armarios. 
Sempre podemos atopar roupa, complementos e calzado que serve para que os máis pequenos se disfracen. Tamén disfraces de anos anteriores. 
SI! DISFRAZARSE!
Calquera época do ano é boa para facelo, non se debe limitar este acto de espontaneidade para o Entroido. É un recurso sinxelo e ao noso alcance que aporta moitos beneficios citados a continuación no desenvolvemento dos nenos e nenas. 



1.        Permite o xogo simbólico: “facer como se…”, xogar a adoptar un rol, xeralmente adulto, que lles permite interpretar a outro durante un anaco, experimentando a vida social adulta coas súas regras e as súas normas.

2. Favorece a sociabilidade: coñecen unha nova maneira de relacionarse con outras persoas e tamén de relacionarse con eles mesmos.

3. Estimula a linguaxe: fomentando o seu vocabulario e a capacidade de expresión o interpretar as súas historias.

4.  Favorece a liberdade de expresión emocional: dirán e farán cousas que sendo eles custaríalles expresar ou facer, podendo expresar os seus medos, seus desexos ou necesidades.

5.   Estimula el desenvolvemento motor: a teatralización lévaos a ter un control dos seus movementos máis consciente e específico xogando na casa.

6.   Favorece o desenvolvemento do pensamento abstracto: crean as súas propias historias imaxinarias.

7. Estimula a súa fantasía, a espontaneidade e a creatividade. Pódense converter no que queiran: un animal, unha superheroína, un pirata, unha avoíña, un príncipe… todo cabe  neste xogo.

8. Favorece a empatía: o ter que poñerse no lugar do outro e experimentar ese papel.

9.   Favorece a superación da timidez ou os medos, ao afrontarse a eles dunha maneira lúdica y fantasiosa.

10.Facilita coñecer o que pensan dos adultos de máis preto podemos ter a ocasión de avaliar como nos ven ao poñerse eles no noso papel.

   Na casa, recomendámosvos que teñades un pequeno recuncho unha caixa, un baúl ou unha barra colgante para gardar os disfraces e que espontaneamente poidan acceder a el no seu lugar de xogos.





Para rematar, deixámosvos un vídeo para facer pintura de cara caseira, xa que a maquillaxe leva un papel importante á hora de disfrazarse.



Esperamos que vos sirva de idea e o poidades por en práctica. Moitísimas grazas por estar todas as semanas atentos ao blog que sabemos que non é fácil conciliar e atender a todo.
Se vos animades a disfrazarvos, podedes achegarnos as vosas fotos o correo!  Un abrazo moi forte!

Profes Lara e Andrea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario