xoves, 18 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN !!!

Ola familias, hoxe toca despedirnos de todos vós,  especialmente dos cativos que rematan este primeiro ciclo da Educación Infantil na nosa escola: Alejandro, Alex, Aníbal, Antía, Anxo Ramón, Damián, Irene, J. Antonio, Julia, Leire, Marco, Miguel, Roi, Sofia, Uxía, V. Angela, Vega, Victoria, Yassin, Zoila, Kevin e Julene.


Este curso truncouse por culpa dun "bechiño" que cambiou as nosas vidas e as vosas tamén. Non puidemos  facer tantas cousas como tiñamos pensadas e tanto vos gustarían: excursións, saídas aproveitando o bo tempo, festas e máis festas  (da auga, dos avós, de San Xoán, de fin de curso...) pero tamén é verdade-estamos seguras disto- que coas vosas familias gozástedes moito e aprendichedes moitas cousas tamén. O importante é que "grazas" a esta situación, estivéstedes moito máis tempo cós vosos pais, tempo de calidade e que en moitos casos, só podería ocorrer con esta situación de confinamento á que nos vimos obrigados todos.


Desde o blog da escola quixemos axudarvos, aportándovos ideas, suxestións, propostas de xogo para cada idade. Esperamos que vós serviran de axuda nestes meses.


Queremos agradecer, ás familias, toda a vosa entrega, a colaboración en todo o que vos solicitamos. 

Co proxecto "Talleres coas familias" na aula das "Lúas", aprendemos moitas cousas de vós e dos vosos intereses e para os pequenos foron momentos moi especiais que compartíchedes con eles. GRAZAS DE TODO CORAZÓN!!


A vós, PEQUENIÑOS, dicirvos que foi un verdadeiro pracer acompañarvos nesta etapa tan importante nas vosas vidas, a algúns  fixémo-lo dende que erades uns bebés, e fomos vendo como  iades superando etapas, momentos: gatear, andar, correr, falar, saltar, xogar, compartir.... en definitiva, CRECER!


NOS VOS IMAXINADES O QUE ISTO SIGNIFICA PARA NÓS!!!!


Con este vídeo queremos facervos unha pequena homenaxe, intentamos reflectir o voso paso pola escola, esperamos que vos guste moito, fixémolo CON TODO O NOSO CARIÑO!!!


As profes
AndreaV., Elena, Elva, Helena, Lara e Andrea R.
💓💓💓💓💓💓



Ningún comentario:

Publicar un comentario