luns, 1 de xuño de 2020

AULA SOLES- Elaboramos ruxerruxes

Bos días a todas e todos! A proposta de esta semana para os cativos da AULA DOS SOLES, aínda que tamén pode facerse para nenos  maiores, consiste na elaboración de ruxerruxes ou axóuxeresEstes obxectos axudan ao neno a saber que el pode facer que as cousas ocorran ao seu redor e establecer a relación causa-efecto, o cal é unha satisfacción para eles. Ademais é básico no desenvolvemento da súa intelixencia xa que estimula os seus sentidos, mellora a súa coordinación motriz, o desenvolvemento asociativo e sobre todo é moi divertido nestas idades.

Existen unha infinidade de opcións de como facelos, coidade sempre que sexan obxectos grandes se están o acceso, pero si van dentro dun recipiente, que este estea ben pechado:


Sonajeros para bebés hechos con calcetines (con imágenes) | Nuevos ...
Cun anaco de calcetín, tea ou mesmo unha goma do pelo, onde se poden coser cascabeis grandes, trociños de feltro,...
Sonajeros con aros de madera y cascabeles | Juguetes para bebé ...
Ou ben, cun aro de madeira, fío ou lá e cascabel.

Axóuxeres | A Escola Infantil na casa
Un bote de plástico e cordas onde podedes poñer: botóns, chapas, tapas,...

Sonajeros DIY para entretener a tu bebé | Manualidades
Tamén, cun rolo de papel hixiénico forrado con cinta adhesiva ou tea, onde meteremos arroz, cascabeis, garavanzos, lentellas, contas, tapóns,...

Sonajero hecho en casa para estimular a tu pequeñín - YouTube
Ou nunha botella de plástico ou biberón vello, coidando sempre que estea ben selada a tapa. Podedes decoralos e enchelos ó voso gusto.

E para aquelas familias onde vós guste a costura ou se vós dé ben as manualidadades... Velaquí vai unha proposta de ruxerruxe máis complexa pero seguro que vos encanta!


Esperamos que vos gustase moito esta suxestión e que poidades levala a cabo e gozar de momentos fenomenais. Ata a vindeira entrada, APERTAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario