martes, 16 de xuño de 2020

AULA NUBES

Ola familias!
Sempre é boa idea acercar @s nen@s á cociña, e agora, coa calor, podemos facer unhas receitas fresquiñas e apetecibles. Sen medo, pero sempre baixo supervisión, podemos deixar que @s nen@s corten a froita, espreman, poñan os ingredientes, fagan os transvases...
Déixovos 3 receitas que na casa triunfan sempre:

  • Limonada: medio limón, 2 culleres de azucre, xeo, auga, unha folla de menta. Espreme-lo limón e mesturar todo.






  • Zume de froita natural: unha laranxa grande ou dúas pequenas, medio limón, 2 rodas de piña, 6-8 fresas. Licuar todo. ¡Este zume non durará nin 30 segundos pola casa!





  • Pau de laranxa: so necesitamos zume de laranxa natural e envases para facer polos. Se non temos envases de polos podemos usa-lo envase dos iogures baleiros. Podemos poñerlle froita dentro.








Ningún comentario:

Publicar un comentario