xoves, 4 de xuño de 2020

AULA LÚAS: MERENDAMOS NO CAMPO!!

OLA FAMILIAS:

  Coa chegada deste bo tempo o noso entorno cambiou moito. Temos flores, árbores verdes, moitos paxariños, poucas nubes e ás veces moita calor. Temos que aproveitar todos estes novos recursos para ensinarllelos ós nenos. Os paseos son moi útiles para axudarlles a ser conscientes deste cambio. É preciso facerlles observar o cambio no tipo de roupa máis fresquiña que vestimos agora na primaveira: camisetas de manga curta, pantalóns curtos, sandalias,...


    Aproveitando un deses paseos podemos recoller follas das árbores para estampalas en papel. Para realizar esta actividade precisamos:
  • Follas de árbores co envés marcado, tipo figueira, castiñeiro, vide, pero serven tamén outras moitas.
  • Pintura de cor verde.
  • Pincel para extender a pintura sobre a folla.
  • Papel para deixar a pegada da folla.
     Con estes materiais o proceso é moi sinxelo. Trátase de pintar as follas pola parte traseira e logo colocalas coa parte pintada sobre o papel e presionar un pouco . Así quedará unha bonita pegada moi decorativa. Xuntando varias follas estampadas podedes elaborar un bonito mural para adornar , por exemplo, a vos cociña.
   É moi importante valorar a actividade que realicedes cos vosos nenos e expoñela na vosa casa é un bo xeito de facelo.    


Árboles de hojas, una actividad sin excusas (con imágenes) | Hojas ...
Estes serían os pasos para deixar a pegada da folla pintada.

Estampación de hojas (con imágenes) | Actividades artísticas ...
Outros estampados podería ser estos , empregando cores diversas.
      Ás veces os resultados non son tan vistosos, pero o importante é o proceso realizado polos vosos nenos.

       E xa que imos pasear polo campo podemos levar a merenda e compartila con amigos . De eso trata o video que se presenta a continuación.
    
    Adeus a todos e xogade moito. Ata pronto!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario