martes, 2 de xuño de 2020

AULA NUBES. INSTRUMENTOS MUSICAIS CASEIROS

Bos días familias! Aquí estamos outra semana máis con ideas para pasar un rato divertido. Hoxe imos falar da música. A música é poderosa. Motiva, emociona, inspira,namora,entristece, acompaña. A música transmite os máis diversos sentimentos e ponlle banda sonora o noso día a día. Por iso é importante que @s nen@s se familiaricen con ela dende pequen@s. Os beneficios da música son:

  • Mellora a capacidade de memoria, de atención e de concentración d@s nen@s.
  • Desenvolve a creatividade e estimula a imaxinación infantil.
  • estimula o desenvolvemento integral d@ nen@ o actuar sobre tódalas áreas de desenvolvemento.
  • Axuda a socializar, o brindar a oportunidade de interactuar entre si e c@s adult@s.
  • Fortalece a aprendizaxe e contribúe a mellora-la súa linguaxe.
  • Estimula a capacidade de estimulación d@ nen@.
  • Axúdalles a establecer rutinas e adquirir disciplina.
  • Provoca a evocación de recordos e imaxes estimulando o intelecto.
  • Estimula a súa intelixencia e mellora a habilidades para resolver problemas matemáticos.
  • O combinarse co baile, estimula os sentidos, o equilibrio e o desenvolvemento muscular.
Para acercar @s nos@s peques á música, que mellor forma que facendo uns INSTRUMENTOS MUSICAIS CASEIROS:

MARACAS: creo que é o instrumento "Rei" d@s máis pequen@s. como material utilizaremos 2 culleres de plástico, un ovo "kinder", arroz, cinta de carrocero e rotuladores. Enchémo-lo ovo cuns poucos grans de arroz. Poñémolo no centro das culleres e unímolo coa cinta de carroceiro. Para face-la vosa maraca máis orixinal pintade sobre a cinta de carroceiro o deseño que máis os guste cos rotuladores.


Outra forma de facer unhas sinxelas maracas é con unhas botellas de plástico e tapóns. Mirade o titorial e veredes que doadas son.


BONGOS: un instrumento musical super reciclado: na parte superior dunha lata encaixamos un globo e para axustalo recoméndovos utilizar unha goma. E listo para tocar!!.




Tocade e divertídevos moito con estes instrumentos. Un biquiño moi pero que moi grande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario