venres, 12 de xuño de 2020

AULA LÚAS: ESTA VAI DE CONTOS.


Ola a todos, 


   Estamos recollendo toda a escola. Limpamos, lavamos, ordeamos, recolocamos,...Xa sabedes que os nenos non poden volver a vir ata SETEMBRO. Unha magoa... Unha das cousas que máis nos gusta facer é ordear todos os libros que temos, reparalos e deixalos listos para poder contar ós nosos nenos e nenas. Non hai nada mís enriquecedor para os nosos cativos que mirar e escoitar contos. Entre os efectos positivos de ler cos pequenos están:


  • Axudámoslles a enfocar a súa atención e a mantela o tempo suficiente para escoitar a historia.
  • Ofrecemos un modelo de lenguaxe correcto tanto en estructura como en vocalización, ás veces diferente do que está habituado/a .
  • Propiciamos que coñeza novo vocabulario.
  • Ensinámoslles entornos e personaxes descoñecidos reais ou imaxinarios.
  • Fomentamos a sua creatividade que se vai manifestar tanto na linguaxe como no xogo
  • Favorecemos a creación dunha relación de afecto estreita entre pais/nais e fill@s, pois mentres lemos estamos tendo contacto físico, mirándo@s, atendendo@s...
  • Facilitamos que poida entender situacións que as veces é millor explicar coa axuda dun conto, unha rabieta, un nacemento, un conflicto,...
  •  ....
    Todo isto "Tan só con leres un libro". Esta frase tan expresiva  é o título dunha canción moi chula de MAMÁCABRA. 
Escoitádea cos vosos nen@s neste enlace




   Dende aquí ofrecemós unha seleción de contos que  van a gustarlles e que podedes comprar ou buscar nas bibliotecas. Son unha pequena mostra de todo o mundo da literatura infantil que podemos atopar. Seguro que algúns xa os coñecedes.






Pablo Albo e Andre letria. A sopa Queima. Ed OQO
No día a día, os máis pequenos teñen que facer fronte a retos que a eles lles parecen insuperables, aínda que os adultos os vexan como algo nimio; neste caso, a sopa a unha temperatura imposible.

Jerome Ruilier. Por cuatro esqinitas de nada. Ed juventud
Cadradiño   na casa dos amigos Redondiños, pero non pasa pola porta porque – A porta  redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarlle as esquinas!», din os Redondiñoss. «Oh, nom! – di Cadradiño – » Qué podemos facer? Cadradiño é diferente. Nunca será redondo

Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. Maruxa. Ed OQO
Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
   

  Agora imos ensinar outro conto, "O cascabel da Gata",  pero este xa aparece contado no seguinte vídeo:




Recordade:

LEDE PARA OS NEN@S, 
E PARA OS ADULTOS TAMÉN!

Ningún comentario:

Publicar un comentario