mércores, 3 de xuño de 2020

AULA ESTRELAS: XOGAMOS COA AUGA - Parte II

POMPA DE XABÓN XIGANTES


Para o xogo con xabón podemos empregar unha mestura con  xabón para pratos, auga e glicerina vexetal.

E para xogar coas burbullas podemos utilizar recipientes baleiros de spray, ou o clásico xogo de soprar de pequeno formato (pompeiro) ou probar con outros elementos máis caseiros, como unha raqueta vella sen rede, unha botella de plástico cortada a metade.....

Deixámosvos estas 3 receitas para que probedes, a ver si funcionan jajjajaj👀:

1. Solución normal:

Mestura 5 partes de auga, unha de deterxente liquido e 1 ou 2 culleradas de glicerina.

2. Solución espesa:

Mesturade 2-3 partes de auga, 1 de deterxente e 1ou 2 de glicerina.

Con esta mestura as pompas aguantarán o vento e chegarán ao chan sen romper. 

3. Solución de pompas con efecto rebote:

Necesitaredes 2 paquetes de xelatina non aromatizada, 4 vasos de auga quente, 3-5 culleres de glicerina e 3 culleradas de deterxente liquido.

Con esta receita conseguiredes que as pompas reboten ao chocar coas prendas de vestir. Incríbel!!!


Pompas de jabón con las que sorprender a los niños | Juegos
Probádeas todas e xa nos contaredes!!!


AUGA, CARTÓN E PAPEL

Cun pincel e cartóns ou papeis e un pouco de auga  xa temos o xogo feito.

Mollando un pincel só con auga podemos deixar que se absorba. Os resultados cambiarán segundo sexa o cartón, o seu espesor, porosidade... Nada máis ecolóxico! e cando seca, podemos volver usalo. Podemos observar como vai desaparecendo o debuxo a medida que vai secando.

Podemos tamén poñer a remollo o cartón e ver como se rebrandece, metendo nun barreño ou ben mollando cun spray ou unha xeringa.

Se empregamos papeis xa pintados, ata vellos debuxos que non queiramos conservar, podemos facer pelotas de papel, transformando asi en material moldeable.

El Taller de Ire: Truco: Blanquear la pasta de papel maché

Por último, un xogo ben divertido que seguro van desfrutar os vosos pequenos: PESCAMOS PEIXIÑOS DE CORES!!

Necesitaredes:
  • Limpapipas de cores.
  • Tesoira.
  • Pinzas.
  • Recipiente transparente para a auga.

Paso 1: recortamos os limpapipas en pequenos anacos


Paso 2: dámoslle forma de peixiños (son moi maleables os limpapipas)

Paso 3: votámos os peixiños a nadar na auga



Paso 4: ofrecémoslles ao pequeno un pauciño para pesca-los peixes e deposita-los noutro recipiente.














Acabamos de lembrar unha canción que aos pequenos encántalles, e ten moito que ver con esta proposta de xogo, podedes poñerlla de fondo mentres xogan!


Ata a vindeira semana familias, a seguir xogando!.

As profes
Lara e Andrea💓💓💓💓

Ningún comentario:

Publicar un comentario