luns, 15 de xuño de 2020

AULA SOLES- Facemos unha casiña para xogos

Bos días familias! A entrada desta semana, dende á AULA DOS SOLES está relacionada có xogo simbólico, consiste en elaborar unha casiña de xogos. Este tipo de xogo axuda a que entendan o seu redor, desenvolver a linguaxe, mellorar a socialización e a intelixencia emocional. A súa vez, paralelamente potencia a súa autonomía, creatividade e imaxinación.

A continuación, deixámosvos diferentes ideas para facer, cós bosquexos e patróns para poder realizalas. Tan só precisades dunha caixa e de cinta adhesiva. Para a posterior decoración, podedes pintala, engadirlle fiestras, portas, tellas,... Sen dúbida, unha simple caixa pode ser o mellor xoguete. Facédea e poderédelo comprobar!!!!

Diy: Casitas para jugar con Cajas de cartón | Casitas para jugar ...


Casita de cartón plegable paso a paso | Bebeazul.top

DIY con cartón para niños: casita
Cómo hacer una casa de cartón para tu bebé – Baby Fresh - YouTube

casa-de-carton-plegable-folding-cardboard-house-diy

I loved working on this cardboard box cat or dog house and giving it a beachy vibe.. It's perfect for any coastal home decor and so easy to make.

E para aqueles con ganas de algo máis, no seguinte vídeo ensinámosvos unha proposta para facer un tipi indio sen necesidade de coser, para el tamén podedes empregar en lugar da madeira as canas indias que hai nas fincas. Velaquí vai o vídeo!


Non nos esquecemos dos cativos que estiveron de aniversario durante este tempo que non fomos á escola. Estes pequenos que cumpriron anos na aula dos soles foron: Nicolás, Simón, Ayman e Thiago. Moitas felicidades neste primeiro aniño!!!!!!

ATA PRONTO, MILLÓNS DE APERTAS!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario