mércores, 10 de xuño de 2020

AULA NUBES- XOGAMOS CON XEO

Ola familias! Por fin chegou o bo tempo! Dentro de nada será verán e hai que buscar actividades para que @s peques poidan gozar do aire libre: Nesta ocasión traio actividades para @s nen@s con xeo onde poderán experimentar, aprender e divertirse con pouca cousa.
O xogo chámase "TESOUROS DE XEO", trátase de liberar pequenos tesouros atrapados en xeo. Poden ser grandes ou pequenos bloques onde os xoguetes quedarán atrapados. @s peques poden liberalos derretendo o xeo botándolle auga quente, metendo os bloques na piscina e esperar a que se derretan, dándolle golpes cun martelo.



Tamén podemos tinxir a auga con colorante alimenticio para formar bloques de cores.

Os bloques pódense facer utilizando simples cubos de xeo (pero moito ollo para que non leven as cousas pequenas a boca), ou utilizando calquera tipo de envase que se poida meter no conxelador.
Podemos utilizar globos de auga nos que primeiro debemos meter o xoguete con coidado para non rompelo, logo enchelo de auga facerlle un nó e metelo no conxelador e cando este conxelado rompe-lo globo.

Outra idea divertida é facer BARCOS DE XEO. Poñemos auga nun cubo de xeo e levámolo ó conxelador para facer cubitos de xeo normais. Despois dun anaco, cando o xeo empece a formarse, colocamos un anaco de palla no centro de cada cubito. Unha vez que o xeo estea formado sacámo-lo cubo de xeo, agregamos unha vela de papel e os nosos barcos están listos para competir na piscina, bañeira ou deslizarse por unha superficie lisa apenas inclinada.



MANOS DE XEOUnha idea divertida é colorea-la auga con témperas ou colorante alimenticio e usala para encher luvas desbotables. Cerrámo-las luvas cun nó e poñémolas no conxelador. Unha vez que a auga estea completamente conxelada rompémo-la luva para libera-la man. Podemos poñer as man conxeladas no xardín ou dentro dun recipiente grande e invitar @s peques a descubrir como se derrete o xeo (coa calor do sol, con auga tibia, con sal,...).


Ata a vindeira entrada: Moitos biquiños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario