venres, 22 de outubro de 2021

AULA DAS NUBES 1-2 ANOS

     A aula das NUBES da  Escola Infantil está a iniciar un curso novo. Algúns nenos xa coñecen o Centro do curso pasado pero outros están a vivir esta nova experiencia. O proceso de adaptación á Escola precisa de paciencia e tempo. Para algúns nenos resulta máis fácil que outros. Durante estes primeiros meses buscamos coñecernos todos e adaptarnos mutuamente para poder estar mais tranquilos e contentos. 

    Estamos a experimentar cos xoguetes , con obxectos, con espacios e incluso cos outros nen@s. Precisamos instaurar unhas rutinas e uns novos ritmos de xogos, descansos, hixiene , sono que faciliten o  xogo e a actividade no Centro. 

    Estamos despegando esta viaxe todos xuntos: profes e nen@s . Seguro vai ser divertida. 

    Ensinámosvos algúns exemplos das actividades que estivemos realizando.

O xogo e a exploración individual é moi importante





                          


Pero tamén empezamos a "relacionarnos "con outros compañeir@s





Por momentos comezamos a atender a un conto nun grupo grande



Esperamos que sigades a nosa viaxe  durante este curso na Escola. Seguro que vai ser entretida e interesante. 
Ata pronto









Ningún comentario:

Publicar un comentario