mércores, 10 de novembro de 2021

Comeza o outono... qué divertido!

Xa pasou un mes dende a anterior entrada, e incríbel canto cambiamos. Seguimos medrando paseniño, pero sen pausa, cómo nos gusta a nós facer as cousiñas. Estamos moi tranquilos e gozamos de todas as propostas da clase e da Escola. Empezou o Outono e con el, múltitude de experiencias das que lle sacamos o máximo partido, xa que é unha das nosas estacións predilectas. Encantanos cantar cancións sobre o tema (p.e. O outono xa chegou de Uxía Lambona, ou ben, "El viento del Otoño"), tamén explorar e probar elementos e froitos típicos, entre outras.  Até incluso ós nenos que marchan o ano que ven saíron o contorno á experimentar e observar os efectos desta estación.

Como non, nesta estación ten lugar o Samaín... qué medo!! Traballamos o vocabulario, pintamos (cabazas, morcegos, pantasmas,...), contamos contos do Samaín ás escuras e xogamos coas lanternas. Agardamos que gocedes do vídeo!🍁🍁🍁🍂🍂🍂


Ningún comentario:

Publicar un comentario