venres, 10 de decembro de 2021

AULA "SOLES": BOTES SENSORIAIS

 


I¿QUÉ SON ?  ¿PARA QUÉ EMPREGAMOS AS BOTELLAS SENSORIAIS?


 


As botellas sensoriais son un  preciado material de estimulación . 

Trátase de botellas ou botes transparentes, xeralmente de plástico, que se enchen con obxectos ou materiais diversos para estimular sensacións cando se movan.

Os obxectivos que se pretenden co seu uso son entre outros:

  • 1.     Estimular os sentidos en xeral, grazas as súas diferentes caracterísiticas en canto a formas, cores, pesos, volúmenes, etc. 
  • 2.    Estimular visualmente ao neno/a favorecendo o seguimento dos obxectos en movemento.
  • 3.    Mellora-la súa atención
  • 4.    Estimular a curiosidade, o interese, a exploración.


COMO XOGAN OS NENOS/AS CON ELAS?

Os pequenos manipulan libremente as botellas e fannas xirar, voltear, arrastrar, apilar, etc e tamén observan o seu interior no que hai obxectos de todo tipo.

 COMO SE FAN?

É moi sinxelo:

Para facer botes ou botellas  sensoriais, necesitamos envases transparentes: botellas, tarros, frascos, normalmente  de plástico, aínda que poden ser tamén de vidro ou cristal groso.

Os frascos ou tarros de vidro ou cristal tamén  requiren maior supervisión por parte dos adultos aínda que é moi recomendable o seu uso xa que ofrecen aos pequenos outras sensacións auditivas diferentes cando rebotan os obxectos que conteñen.

O tamaño dos envases non deberá ser moi grande, xa que as súas mans son pequeniñas.


Nestas imaxes vemos a ARIADNA e DYLAN sostendo o bote máis pequeno de todos!!!






Son infinitas as posibilidades para facer botellas sensoriais, tanto en seco coma con líquidos no seu interior:.

Podemos empregar obxectos de todo tipo, so teñen que coller polo bico da botella:

  • Naturais coma landras, abelás, folliñas de árbores, anacos de cortizas, froitas desecadas, , legumes, pedriñas, cunchas pequenas, etc.
  • Obxectos que temos pola casa como clips, gomiñas do pelo, botóns, papeis diferentes, pompóns, tapóns...


Para os botes que conteñan líquidos podemos empregar aceite de bebés, auga, gomina para o pelo e podemos tinxilos con colorantes. 

É moi interesante a combinación de líquidos con distintas densidades, xa que ao mesturarse crean efectos moi  atractivos.

Por último é importante selar ben as botellas para o seu posterior uso!

Mirade  que ben o pasaron: 













Coma sempre, grazas pola vosa colaboración!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario