xoves, 25 de novembro de 2021

AMODIÑO, AMODIÑO COMA O CARACOL DO XARDÍN IMOS ANDANDO NA AULA DAS NUBES

   Recordando o conto "QUE SUSTO " da editorial OQO, na aula das Nubes imos avanzando amodiño, amodiño, gozando co paseo. Neste tempo de outono procuramos pór os nenos en contacto con elementos do entorno propios da estación. As follas secas, as cabazas, os caracois, as piñas, as castañas, son obxectos moi sinxelos para amosarlle ós nen@s. Na aula fixemos experimentos  coñecendo, ou polo menos manipulando , as cousiñas do noso Outono.


   

     Todo ten un risco e ademais da experimentación temos que ter en conta a seguridade e deixar que os nenos toquen pero coidar que non se fagan daño. 

     As follas secas son todo un conxunto de sensacións.A cor castaña, a textura, os sonidos que producen, a textura a o rompelas , con este material tan sinxelo e natural sempre temos a atención dos nenos garantida. Animádevos a dar un paseo polo monte ou polo parque cos nen@s e deixar que toquen as follas.



    Coas teas tamén é moi doado presentar un escenario de xogo diferente e ben atractivo. Xogar ó cu cú, agora estou , agora non estou axuda a potenciar a curiosidade e a exploración do entorno. Para estes pequenos resultou moi intersante. Haberá que repetir.




     Con obxectos comúns  como as botellas de auga valeiras  elaboramos unha chea de estímulos sensorias  diferentes para os nen@s. Proporcionan diferentes sonidos, efectos visuais , teñen diferente peso... Son unha oprtunidade de experimentación que na aula das Nubes están aproveitando ben


                

      Rematamos este pequeno "paseo polo xardín" da nosa aula.  Este tamén é unha das frases do mesmo conto que se citou ó principio:" QUÉ SUSTO" da Ed. OQO. Podedes botarlle unha ollada a este libriño tan bonito e contárllelo aos vosos pequenos e pequenas.

    Outra recomendación moi atractiva neste momento para os nen@s é  o libro do " O POLO PEPE" de N. Denchfield e A. Parker , Ed. SM. Este libro infantil é un clásico que seguro coñecedes, pero por parte dos nenos segue a ter moito éxito. 

ANIMADEVOS A LER COS VOSOS NEN@S. 

  

         


Ningún comentario:

Publicar un comentario