luns, 20 de decembro de 2021

O outono na aula das LÚAS

 Boas !

Por aquí deixamos atrás o outono pero non sen antes amosarvos algunhas das cousiñas que fixemos. No outono caen as follas, e como non, fixemos unha saída e divertímonos moito con elas ! Tirámolas polo aire, desfixémolas, escondémonos detrás delas... PASÁMOLO EN GRANDE !!


Tamén observamos que ademais de caer as follas, poden ser de moitas cores ! O outono múdaas de cor, e hainas vermellas, laranxas amarelas, por iso fixemos a nosa propia árbore, un segredo, o tronco da árbore é a nosa man e brazo !


E sabedes que vimos tamén propio do outono? Os froitos, hai unha chea deles, grandes/pequenos, de cores diversas,... algúns coñecíamolos pero outros eran descoñecidos para nós. Tocámolos e comémolos !


Tamén xogamos co millo, que estamos seguros de que o Polo Pepe lle encanta !





E tamén, fixemos unha FESTA ! co que nos gustan a nós as festas, esta era o MAGOSTO ! Pero todo ten uns preparativos, polo que tivemos que pintar a Doña Castaña e facer as nosas cestiñas.




E como non podía ser menos, tamén celebramos o Samaín, as curuxas, as cabazas, os morcegos, as arañas, todos nos acompañaron !






E ata aquí o OUTONO ! Espero que desfrutásedes tanto como nós !


Unha aperta moi forte !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario