venres, 1 de maio de 2015

VISITAMOS A UNITARIA DE XIL E O CEIP "AS COVAS" EN MEAÑO


Este pasado luns, os nenos e nenas da Escola Infantil, fomos visitar dous dos centros nos que poderán matricularse o vindeiro curso 2015-16.
O obxectivo principal destas visitas é o de coñecer un centro escolar diferente ao noso, moito mais grande e onde convivirán con nenos e nenas doutras idades, onde as instalacións son moi diferentes (os aseos están situados fóra das aulas e terán que ir eles sós), teñen espazos específicos como a biblioteca ou a aula de música...
O luns, moi cediño, os pequenos e pequenas subiron no autobús (unha das cousas que mais lle gustan de ir de "excursión") e nos diriximos en primeiro lugar a Unitaria de Xil:
Alí estaban a esperarnos a profe Cristina e soamente sete rapaces que son os que están matriculados nesta escola. Os pequenos gozaron moito de todo o que alí había, moitos xogos e contos, unhas instalacións moi bonitas e unha boa acollida por parte dos alumnos/as.


Na sala de psicomotricidade


A Nico encantoulle sair na TV!!!!





Logo de pasar un bo ratiño cos amiguiños da unitaria, subimos no autobús dirección: CEIP " As covas" en Meaño.
Ao chegar, cada grupiño foise para unha das aulas de infantil e merendamos cos rapaces e rapazas








Os nenos da sala da profe Raquel ata decoraron un mantel para a ocasión!!!


Logo da merenda fomos a sala de música con profe Alberto e cantamos cancións que coñecíamos moi ben: " O galo canta", "O polo Pepe"







Despois de cantar e pasalo moi ben, saímos o patio e compartimos xogos cos nenos e nenas de infantil: pasámolo en grande!!



E para rematar a visita voltamos as aulas e cada mestra contounos un conto.


Asi rematou a xornada: voltamos a escola, están esperando por nos os nosos papás e mamás.

GRAZAS A TODOS, FOI UN DÍA XENIAL!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario