martes, 26 de maio de 2015

VISITAMOS O CEIP DE COIRÓN (DENA)

O pasado 29 de abril, os nen@s que rematan este curso o primeiro ciclo de Educación Infantil foron, acompañados polas súas mestras, visitar outro dos poosibles colexios onde poderán matricularse o vindeiro curso 2015-2016.

Ao chegar, estaban esperándonos no patio e xogamos un ratiño cos nenos de Infantil de 3, 4 e 5 anos

Atopámonos con amiguiños que estiveran na nosa escola 





Logo de xogar un ratiño no patio, dividímonos en grupos e cada grupo foi para unha das aulas de Infantil. 
Alí cada mestra tiña xa preparada unha actividade ou un xogo para facer xuntos.

A profe carolina contounos un conto.
Logo de pasar un ratiño nas aulas fomos visitar o resto das dependencias do colexio e para rematar a visita fomos coñecer a "FILOMENA", unha tartaruga ben pavera, que convive cos peixiños nun estanque dentro do recinto do colexio.












Ningún comentario:

Publicar un comentario