luns, 18 de maio de 2015

EXCURSION AOS MUÍÑOS DE LORES

O pasado venres todos os nenos e nenas da Escola Infantil que rematan este curso o primeiro ciclo da Educación Infantil, foron coas súas mestras e educadoras de excursión aos Muíños de Lores. Grazas ao CEIP “As Covas” de Meaño que nos invitou a compartir unha actuación moi divertida do Home Orquestra Ce-pantasma.

Ao chegar estaban alí xa os nenos do Colexio, xogando a xogos tradicionais moi divertidos e acolléronos con agrado.

Primeiramente fomos ver como funciona un Muíño, como grazas a auga a roda xira e moe os grans de millo. Mirade que atentos estábamos!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario