xoves, 30 de abril de 2015

QUE DIFÍCIL É GARDAR UN SEGREDO!!

Todos os cursos celebramos o "día da nai" e os pequenos fan un agasallo para elas, recibindo a axuda que precisen segundo a súa idade.
A os nenos/as failles ilusión preparar o regalo para as súas nais e gardar o segredo ata que chegue o día, é un xogo para eles.
Este ano traballaron moito, decoraron moitos círculos con diferentes tecnicas plásticas: punteado con rotuladores de cores, estampado coas mas e con esponxas en forma de corazóns, "collages" con diferentes papeis, pintura, pegaron estreliñas e ata houbo que estampou os beizos coloreados de vermello nun destes circulos.
Despois as mestras tivemos que "montar" o regalo e envólvelo ben bonito, para que eles foran moi contentos/as cos seus agasallos para as súas nais, que tanto queren.
Esperamos que vos gusten, bueno, sabemos que vos van gustar....FELICIDADES A TÓDALAS NAIS!!! Non deixedes de celebralo cos vosos nenos, que son o mais bonito que temos.





3 comentarios:

  1. Preciosos os regalos das nais,felicidades e grazas polo voso esforzo.

    ResponderEliminar
  2. Preciosos agasallos. Grazas por traballar tanto e tan ben e por coidar con tanto amor dos nos@s peques. :)

    ResponderEliminar
  3. Gracias a vos por confiarnos a os vosos fillos/as. Os traballiños facémo-los con moita ilusión, como todo o demais. grazas

    ResponderEliminar