mércores, 20 de maio de 2015

"ONDE VIVEN OS MOSTROS", SESION DE CONTACONTOS DA MAN DE SHEREZADE BARDAJI

Onte pola mañá, tivemos o pracer de disfruutar dunha sesión de contacontos na nosa escola, da man de Sherezade Bardaji.
A contacontos preparou o ambente: luz calida, colchonetas por todo o espazo, instrumentos, sombras de cores, todo indicaba que os nenos e nenas ían desfrutar.


Os pequenos comezaron a chegar e ben sentadiños esperaron pacientemente a que comenzara o espectáculo.




e pronto empezaron a aparecer as personaxes: a princesa Marta, o sol, a nube... e, claro está, os monstros.
Estes monstros eran tan especiais que ata vivían nunha maleta: un dos monstros so comía froitas de cor vermella, outro era o monstro das cóxegas....
Xogando con luces e sombras de cores, pequenos instrumentos, divertidos monstros, Sherezade conseguíu que todos estivesemos ben atentos e desfrutaramos dunha historia sinxela pero moi fermosa.








GRAZAS SHEREZADE!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario