luns, 30 de marzo de 2020

Ola a todos :

     Dende a clase das LÚAS (2-3 anos)  queremos transmitirvos o noso ánimo e poñemos a vosa disposición algún dos nosos recursos para que esta estancia na casa cos vosos nenos/as sexa o máis entretida posible. Xa sabemos que os nenos necesitan a actividade case tanto como a auga e estar metidos na casa, non axuda moito. Os que tendes xardín ou algún espaczo exterior estades máis beneficiados. Cada familia ten que adaptarse ó seu espazo. Como estamos a ver que esta situación de garda na casa vai durar máis do previsto imos preparar unha serie de recursos para que teñades a man si fai falla.

   Imos deixarvos unha lista de consellos para propoñer as actividades ós nenos:

-         Manter unha rutina parecida tódolos días, polo menos no que se refire a actividade, descanso e comidas, para que os nenos poidan ordenar na súa cabeza o que pode facer.
-          Comezar cunha actividade  a primeira hora que supoña concentración, manualidades, axuda na cociña, manipular obxectos pequenos,...
-          A media mañá podemos propoñer unha actividade de movemento, circuíto motor, baile, canción, sesión de saltos e despois desta actividade motriz propoñer un xogo de representación, xogar con pezas, plastilina, debuxar.

-          Ás veces despois de propor un xogo e xogar os pais cós nenos mantéñense entretidos xogando sos un pouco. Podemos ir alternando actividade proposta por os pais e actividade libre  do neno.

Todo isto son solo recomendacións porque sabemos que non é unha situación fácil para as familias . animo e alegría para todos.

Ademais disto imos engadir unha serie de recomendacións de contos que podedes ensinar os vosos nenos. Son case todos contos que xa contamos na escola, polo tanto recoñecerán e probablemente sexan capaces de manter  a atención  un tempo.

Cocorico: conto e canción


  Corre, corre cabaciña. conto


  O gato lambón


 A tartaruga que queria durmir 



Chibos, chibóns



   A toupiña que queria saber quen lle fixera aquilo na cabeza.


 A Cebra Camila


 Sopa verde



 La ovejita que vino a cenar. 


                  As cancións que presentamos a continuación xá  nos fixeron pasar bos momentos na escola. 
Tentamos que suceda o mesmo na vosa casa.

 O galo canta.



  
Fun ó mercado



Arransamsam



Dime que fixeches



    Lento,muy lento



Lúa, lúa

  

  A horta de Balbina



Como proposta de actividades tamén van uns exemplos de enlaces 

   Actividades manuais con material de casa


·         Un exemplo de circuíto motor que podedes adaptar á vosa casa.


   
·         Xogos divertidos para traballar o sopro




Seguiremos buscando novas ideas !!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario