venres, 20 de marzo de 2020

HOXE VEN MAMÁ / PAPÁ Á ESCOLA

     Levamos unha semana na casa seguindo as instruccións das autoridades, pero non nos esquecemos da escola . Imos aproveitar para recordar as actividades que disfrutamos coas nosas familias.

    Durante o mes de febreiro novas familias visitaron a escola con novas propostas de actividades. Os nenos na clase xa teñen integrada a visita semanal dun papá ou mamá. Nesta ocasión a música e unha ampla variedade de instrumentos chegaron a escola da man de Luis, o papá de Uxía. Presentou todos os instrumentos con axuda de cancións e contos de forma moi amena. Todos os nenos manipularon e fixeron sonar os  instrumentos que querían. A música sempre é un recurso estupendo.

A variedade  de instrumentos, o colorido e a presentación tivo os nenos en alerta de principio a fin.

    Cada familia aproveita os recursos propios. A mamá de Yasin trouxo á escola todos os ingredientes precisos para elaborar dous doces típicos do seu pais de orixe, Marrocos. A todos os nenos lles gusta amasar e axudar a preparar comidas. Neste caso elaboraron un doce con froitos secos, cacahuete e amendoas, moi doce, e tamén un pasteliño con chocolate. 


O pasteliño de chocolate comémolo xa na clase.
O de cacahuete levámolo para degustalo na casa.

  

   A última actividade proposta na escola tivo como centro a Natureza. Os papás de Damián explicaron  o proceso de fabricación do leite por parte da vaca e que este non se crea nos cartóns de leite do supermercado. A mamá de Damián leu o conto "A galiña roxa", onde a galiña ten que traballar moito antes de comer o pan cos seus pitiños. O papá de Damián axudounos a sementar chícharos e  xirasois nuha bandexa de sementes. A intención era coidar das sementes e ver como ían medrar. Lástima que esta interrupción da actividade  non vai deixar que coidemos as prantas! Cando voltemos a escola repetiremos o proceso!


Manipular as feramentas e coller a terra é moi divertido. A choiva non permitiu que se fixera no patio!

    Esta experiencia de "talleres coas familias na escola" se organizou con total liberdade para que cada un escollese a actividade a realizar na clase. O máis interesante é a variedade temática que as propias familias están a presentar sin intervención por parte da Escola . Moitas grazas a todos os participantes.

    Por agora queda interrumpida toda actividade da escola. Animádevos familias a desenvolver actividades deste tipo cos vosos nenos, na vosa CASA!!.


Ningún comentario:

Publicar un comentario