xoves, 7 de xaneiro de 2016

O día a día da aula dos soles

   Dende a nosa ultima publicación do periodo de adaptación non colgamos nada de todas as cousas que facemos diariamente na escola, malia seren moi cativos son moitas as adquisicións e o progreso nestes últimos meses. 

   En primeiro lugar, pasámolo xenial cos elementos típicos do outono que as familias achegaron a escola como cabazas, calacús ou estróbilos; e tamén trouxemos algúns detalliños para celebrarmos o Samaín.


 
No Nadal foron moitisimas as cousas que fixemos. Primeiramente a porta da aula foi decorada para dar a benvida ós nenos e as datas que íamos vivir. Logo, estampamos a nosa man na postal que os cativos maiores da escola entregaron no buzón para enviar e sorprender as familias. Foi unha experiencia sensorial moi asombrosa e estraña iso de ter a man pringada con pintura de dedos; a algúns produciulle cóxegas e gustoulle a sensación, pero a outros foilles un fastío e un pouco desagradábel. 

















   Ademais, visitounos Papá Noel e deixounos moitos regaliños dentro dun saco polo Nadal. Fomos cargadiños de cousas para casa xa que a parte do regalo de Papa Noel, tamén levamos para colgarmos da árbore de nadal un adorniño para as familias.



























  Ademais de todas estos momentos tamén queremos mostrarvos outras cousiñas e adquisicións motrices que acadamos durante este tempo, como manterse sentados, gatexar, porse de pé, camiñar con axuda ou voltear, entre outras.











    Finalmente queremos facilitar unha paxina web moi útil, "ALÍ", para as familias das clases dos soles e das outras clases, nela ofrécense unha gran variedade de recursos en galego para nenos de infantil como: contos, recursos musicais, xogos, manualidades e recitados tradicionais; todos eles divididos en varias idades. A continuación deixámosvos o enlace web de dita paxina web e de outra tamén moi interesante de recursos musicais para os máis pequenos chamada ORELLA PENDELLA.


ORELLA PENDELLA (recursos musicais): http://orellapendella.gal/category/caricias-no-colo/


Ningún comentario:

Publicar un comentario