luns, 11 de xaneiro de 2016

O NADAL PARA AS LÚAS

Este mes fixemos moitas cousiñas na aula.
O primeiro de todo foi preparala e decorala para estas fechas. Pintamos unha árbore de Nadal.





  Grazas á vosa axuda  puidemos decorala coas bolas que preparáchedes na casa. Encantáronnos, a nosa aula está moi alegre e orixinal.





  

E así quedou a árbore rematada. Mirade que bonita!!!!.






Despois ocurríusenos facer unha árbore coas mans, e quedounos asi, a ver si vos gusta......



Mentres facíamos as diferentes actividades, ensaiamos varias panxoliñas,para crear ambiente navideño.
Este  ensaiamos dúas case tódolos días : " Polo Nadal" e " Little snowflakes". Para poder escoitar as cancións premede nos seguintes enlaces:

"POLO NADAL": https://www.youtube.com/watch?v=AB3A1z_Jryc
"LITTLE SNOWFLAKE"https://www.youtube.com/watch?v=tbbKjDjMDok


Coma tódolos anos elaboramos un regaliño de nadal para levar para casa, este era  un boneco de neve para colgar na árbore,e quedounos así de chulo




Este mes, tamén fixemos unha saída, fumos levar as típicas tarxeras navideñas a Correos, ainda que, as profes fixeron un pouco de trampa, como quedaba moi lonxe fixeron un simulacro de buzón e puxérono diante do Centro Médico. Ata alí, aínda nos queda unha tiradiña, pero dabamos xegado
Aquí estamos nós facendo as tarxetas.




E ahí vamos levar as postais o buzón

 Camiñando polo pobo


Esperando para introducir a tarxeta no buzón




                                   Introducindo as postais, incluida a nosa mascota polbo.




E como broche final fixemos " galletas de mel", a tod@s nos encantou a expreriencia de cociñar, algúns xa a viviramos o ano pasado, para outr@s foi unha novidade na escola .

Esta é a receta

Ingredientes:8 cucharadas ben cheas de fariña, 1 cucharada de levadurina,unha pizca de sal, 4 cucharadas ben cheas de margarina,4 cucharadas ben cheas de azúcar,1 cucharada ben chea de mel.

Modo de empleo: Pasar por un colador as oito cucharadas de fariña, a levadurina, e a pizca de sal. deixalo a parte.
Bater nun cazo as catro cucharadas de margarina co azucre hasta que quede cremoso. Engadir un ovo e seguir mezclando.Cando este ben mezclado, engadir o mel e batelo ben.












Ir engadindo a fariña pouco a pouco na mezcla anterior ata conseguir unha masa consistente.


Engrasar unha bandexa de forno,para que non se peguen as galletas, coller anaquiños de masa e facer boloñas coas mans
Hornear 15 min a 200 grados.
Sacalas e deixalas enfriar sobre unha parrilla.





Esta é a cara de algún probando o mel, ben graciosa!!!


E este é o resuultado final das nosas galletas, estaban deliciosas!!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario