domingo, 10 de xaneiro de 2016

EN QUE CONSISTE O XOGO HEURÍSTICO?



 O término HEURÍSTICO  proven da palabra grega EURISKO que significa DESCUBRIR e xa nos da pistas sobre os obxectivos do xogo.
Trátase dunha proposta de xogo de Elionor Goldchmied (1981)destinada a nenos e nenas entre 12 e 20 ou 24 meses, para realizarse en  grupos reducidos.
O xogo heurístico é unha actividade que aproveita as accións espontáneas dos pequenos e as potencia. Contribúe a estruturar o pensamento, a linguaxe, a relación persoal e as acción dos nenos.
 Ten dúas fases: durante a primeira exploran o meterial e combinan uns obxectos con outros e durante a segunda recollen o material, orientados por un adulto e de forma organizada
Competencias que desenvolve: descubrir que acción pódense realizar cos obxectos: meter e sacar, tapar e destapar, encher e baleirar, amorear, abrir e pechar, encaixar, aliñar, botar, deslizar, estirar, agrupar e separarse, premer, colgar e descolgar, comparar, etc.





¿Qué necesitamos?
MATERIAIS:
·       Obxectos: Deben ser doadamente combinables entre sí, poden ser recuperados da natureza (cunchas, piñas, esponxas, cantos rodados e noces…), confeccionados expresamente para o xogo ou comprados (anacos de tea, pompons  de la e puntillas, argolas de cortina, anacos de cadenas finas, flotadores de redes...), recollidos (tapas de metal, envases de iogur, botellas pequenas de plástico…)

·         Colectores: Os colectores deben ser dun material susceptible de conter outros obxectos e han de ser cóncavos, perforados, sólidos, duradeiros e doados de manexar para os nenos e non demasiado altos, para que o neno poida ver o seu contido e meter a man. Os colectores serven de receptáculo e poden conter varios obxectos ao  mesmo tempo: cilindros de carton ou metal perforados polos dous ou por un, botes de metal sen tapa, caixas de madeira ou de metáis, cestas de vimbio…

·         Bolsas: Deberan ser de tea e adaptadas ao tamaño do material que han de conter. Necesitaremos unha bolsa para cada tipo de obxecto co nome visible. As bolsas teñen un obxectivo dobre: conservar o material de xogo ben clasificado cando non se utiliza e permitir a recollida do material durante a segunda parte da actividade.

A tarefa do mestre consiste en preparar os elementos necesarios para o xogo, encontrar o momento oportuno para incitar a iso, disponer da sala e presentar o material. Despois debe sentar e observar a actividade , dándolle seguridade aos nenos. Só ten que intervir nos momentos precisos: orientar a recollida a través da linguaxe, evitar interferencias dos nenos, reordenar os obxectos excesivamente dispersos, realizar alguna suxestión individual, responderá solicitude dalgún neno ou nena, animar a acción dalgún neno ou nena indeciso e manter un clima favorable á concentración e á actividade dos nenos.

Co exercicio continuado do xogo heurístico chégase a lograr que os nenos:
ü  Dean un gran paso na estructuración do pensamento
ü  Aumenten a capacidade de comprensión verbal
ü  Concentren a atención na propia actividade cos obxectos e nas orientacións que dá a educadora
ü  Coñezan algunas propiedades dos materiais que manipulen
ü  Traballen de forma autónoma, cada un ao seu ritmo, e con liberdade de elección de materiais , dentro da oferta realizada pola mestra .
ü  Experimenten sentimentos de éxito e satisfacción na propia actividade
ü  Acepten e respecten a presenza activa doutros nenos…





Ningún comentario:

Publicar un comentario