venres, 29 de xaneiro de 2016

DIA DA PAZ

Hoxe celebramos o día escolar contra a violencia, o día da PAZ
Durante esta semana os pequenos deixaron a pegada das súas mans nunha folliña que hoxe pasou a formar parte da nosa árbore  da paz.
Cada folla levaba unha mensaxe  para construir a paz entre todos.
Desde pequenos temos que ir dándolle
significado a cada una desas palabras: amor, amizade, dialogo, falar, comprender, empatía...
Dende a escola, traballamos diariamente todos esos significados enchendoos de sentido. O lema escollido ten moito que ver con visto: QUE MEDRE A PAZ!!!
Entre todos, familia, escola, comunidade, debemos desde ben pequenos darlle significado a todas estas palabras.






Ningún comentario:

Publicar un comentario