xoves, 5 de novembro de 2015

 SAÚDOS DENDE A CLASE DAS “ESTRELAS”




Xa rematou o mes de outubro, co seu período de adaptación ben completo. Agora estamos iniciando  o curso coñecendonos uns os outros e buscando os nosos ritmos. Temos moita paciencia e imos pasiño a pasiño. Estamos seguros de que o cariño e a confianza axudará moito a nenos e maiores.



De todos modos xa comezamos a facer actividades en grupo a observar o entorno con todalas follas do outono e a choiva. Fixemos unha minicalabaza por Samain, ademáis de xogar a meter sustos con pantasmiñas UUUh!!! .










Sabemos que a todos nos gusta moito cantar e bailar.  A música vai acompañarnos en moitos xogos e actividades, tanto con “Polbo”, a nosa mascota como con outros moitos. Temos rutinas; saudamos cantamos, contamos ós amigos, cantamos a canción dos días da semana,…. Si queredes escoitar esta canción aquí vai unha axuda, pincha abaixo no icono de play. ( Na nosa clase cantámola en galego, pero en castelán tamén serve.)






Ningún comentario:

Publicar un comentario