martes, 24 de novembro de 2015

A NOSA PRIMEIRA SAIDA DO CURSO

O  pasado xoves,19 de novembro, fixemos a nosa primeira saída deste curso 2015-2016. Estábamos moi emocionad@s, mirade que cariña tiñamos, esperando agarradiños á cordiña, para sair pola porta.




Fumos ó parque que está preto da Escola infantil, moitos de nós xa vamos asiduamente coas nósas familias, pero ir cos compañeiros é algo diferente.....




Do parque acercámonos á "pista", que se arreglou despois de adecentar o pabillón vello, Alá fomos, outra vez enganchadiños á corda, facendo un tren, cantando......


Alí xogamos coas pelotas, votamos unhas carreiras. sentámonos un pouco a descansar nas gradas...... fixemos un pouco de todo.



  E cando xa nos apretou a fame, regresamos á Escola a  merendar para recuperar forzas despois de toda enerxía que derrochamos.
     
  



¡¡¡¡ Volveremos outro día !!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario