luns, 16 de novembro de 2015

MAGOSTO






O pasado venres, celebramos por primeira vez un magosto de "verdade" na Escola e invitamos ás familias para compartir con elas esta festa tan nosa.
Durante a semana, nas aulas traballamos moito para preparar este día tan especial.



Pintamos castañas para logo decorar os cestiños nos que as gardarían.
Pintamos a Dona "Castaña", unha grande castaña que tivemos que colorear e encher de papeis de xornal, todo un señor traballo (enrrugar papeis ainda non se nos da moi ben e ¡necsesitamos moitos para énchela!)




Dona "Castaña" (aula estrelas)

Dona "Castaña" (aula lúas)


Preparamos xogos para o magosto: a castaña "tragabolas", a corda das Castañas, o paracaídas...


 Outono bonito
folliñas no chan
castañas asadas 
que boas que están!!!


O venres chegou e que pronto pasou!!!!


























Ningún comentario:

Publicar un comentario