mércores, 25 de novembro de 2015

A FESTA DA COR VERMELLA

O venres , día 6 de novembro, todos viñemos vestidos cunha prenda de cor vermella ó cole. Tíñannos preparada a "Festa da cor vermella".

Fixemos un mural con obxectos e imaxes que tivesen esta cor.



 

Para a merenda, preparamos  " Pan tumaca" ( pan con tomate ), gustounos moito, para algúns era a primeira vez que o probabamos pero tanto nos sorprendeu o seu sabor que quixemos repetir.







Tamén levamos globos vermellos para animar a festa, un pouco de música e a bailar!!!




O obxectivo de esta festa, era axudar ós nosos peques a diferenciar a cor vermella entre  as outras cores, discriminar algúns obxectos ou elementos da vida cotidiana que sexan desta cor.
Esperamos conseguir o noso obxectivo, do que estamos seguras e de que o pasaro xenial!!!!,






Ningún comentario:

Publicar un comentario