venres, 20 de decembro de 2019

Continuamos coas visitas das familias

OS PAPAS AXUDARONOS A FACER COUSAS NOVAS!

         Como xa tiñamos programado dende inicio de curso as familias continúan a visitarnos para compartir unha actividade con toda a clase. Cada quen elixe o que quere facer, trae o material que precisa e nos explica como se fai .
     Neste caso a mamá de Marco, unha estupenda perruquira veu, xunto co papá, a facernos unha sesión completa de peiteado, pintura e manicura. Quedamos todos guapos e practicamos moito.

Os cepillos enganchabanse nos pelos. Menos mal que a muñeca non protestaba

Cepillos, peines, pintura de unllas, secador, spray de auga,...tiñamos de todo.
     

          Xa no mes de decembro coa mamá de Victoria elaboramos uns "panciños de queixo" moi ricos que son tipicos do Brasil, de onde ela procede. Empregamos fariña de mandioca, ovos, leite e aceite de xirasol. Estaban moi ricos
A mamá fixo a mestura primeiro e logo entre todos amasamos os boliños.

PANCIÑOS DE QUEIXO!!!



         Coa mamá de Antía fabricamos un pequeno boneco  cun globo e arroz. Empregamos un embudo feito cunha botella para introducir o arroz dentro do globo. Atamos o globo e debuxámoslle ollos, nariz e boca. Resultou entretido e colorido.



Para coller os grans de arroz tiñan que afinar os dediños.

            Continuamos despois de Nadal con estas interesantes experiencias.
      

          Moitas grazas ás familias

Ningún comentario:

Publicar un comentario