venres, 3 de xaneiro de 2020

Estamos no Nadal


PAPÁ NOEL VISITOU O NOSO CENTRO

     Papá Noel vistou a nosa Escola . Andaba un pouco apurado porque veu uns días antes de Noiteboa, a noite de maior traballo para el. Entón fixonos unha visita rápida dende a ventana. Así tampouco impresionou tanto a aqueles nenos máis sensibles e asustadizos. Aparcou o seu trineo máxico no aparcamento dos coches polo que non vimos os renos nin os regalos e dou un paseo ó redor da Escola saudando a todos os nenos e entregándolles un paquetiño a cada un. Á maioría dos nenos gustoulles moito, pero, sempre hai algún ó que non lle gusta ver a Papá Noel.

Papá Noel sempre fai un esforzo para visitar a nosa Escola antes de Noiteboa.
Na clase da Lúa recibirono moi ben.

Os nenos da clase das Estrelas quedaron máis sorprendidos .

Para todos trouxo unha pelota de regalo.

Despois de abrir o regalo merendamos doces de Nadal.




Moitas Grazas PAPA NOEL!!!
Agora agardamos ós REIS MAGOS que de seguro visitarán as vosas casas. 

BO NADAL E QUE O 2020 TRAIGA COUSIÑAS BOAS  A TODOS









Ningún comentario:

Publicar un comentario