luns, 9 de decembro de 2019

CELEBRACIÓN DOS ANIVERSARIOS NA AULA DAS LÚAS 

    Co inicio do novo curso escolar continuamos coa celebración das festas de aniversario dentro da aula. E un día moi importante para cada neno pois tentamos que se sinta o protagonista especial do momento. A celebración é sinxela . O día da festa as familias traen á clase os ingredientes precisos para elaborar un biscoito de yogurt. O protagonista axuda a facer a mistura dos ingredientes pero todos axudan a remexer co batedor. Poñemos a cocer no forno e esperamos. Mentres fabricamos a coroa de cumple do homenaxeado ,co seu nome , os anos que cumple e toda adornada con gomets que axudan a pegar todos os compañeiro/as. Tamén debuxamos nun papel grande a silueta do protagonista , cunha tarta de cumple e maila coroa. Entre todos damos color ó debuxo.

     Cando o biscoito está listo para comer, colocamos as velas e cantamos "Parabéns para ti" entre todos, e o/a nenoa que esta de aniversario sopra as candeas.

     O obxectivo é transmitir un sentimento de festa e emotividade para cada neno. Nas primeiras "festas" de aniversario parece que non entenden que está a ocorrer, pero cando xa  van celebrando varias, todos entenden  para quen é a celebración e sinten alegría, vergoña ante o momento de protagonismo que implica. 

     Para todos os que xa festexamos  o seu aniversarios MOITOS PARABÉNS!!!
   
  Durante o mes de Setembro fixemos as festas para Alejandro e Damián
Parabéns Alex


Damián tamén tivo a súa festa, pero non estaba tan contento😢😢

   No mes de Novembro  celebramos as festas de Leire e Miguel.
Miguel tivo o seu momento de protagonista😋

A Leire non lle gustaba sentirse anfitriona.😐
    
TODOS OS COMPAÑEIROS GOZAN MOITO SABOREANDO O BISCOITO

ESTAMOS REMATANDO O ANO E QUEDAN POUCOS SEGUNDOS ANIVERSARIIOS. PERO AÍNDA QUEDAN ....




   


Ningún comentario:

Publicar un comentario