venres, 22 de novembro de 2019

AS FAMILIAS VISITAN A NOSA ESCOLA.

TALLERES COAS FAMILIAS

  Un dos nosos proxectos da aula das Luas consiste na elaboración por parte das familias dun pequeño taller ou actividade para desenvolver na aula con todos os nenos. Un membro da familia acude un día xa especificado á aula e nos presenta una actividade a todos.

 Comenzamos estes talleres no mes do novembro cos papás de Julia que nos falaron e ensinaron o mundo dos cabalos. Tamén fixemos prácticas de equitación simulada 




Ensinaron algunhas fotos sobre os cabalos  e a súa alimentación.



Os máis atrevidos montaron no cabalo de madeira.   
 

 O papá de Irene acudíu á nosa escolanoutra xornada e deleitounos con diferentes cancións interpretadas coa guitarra, coa flauta e ata coa gaita. Os nenos estiveron moi atentos e impresionados ó principio coa música en directo. Pero xa se sabe que a música invita a mmoverse e acabamos bailando.


A música en directo é moi estimulante
  
Tamén probamos a tocar os instrumentos
MOITAS GRACIAS POR ESTAS COLABORACIÓNS ÁS FAMILIAS
TODOS IMOS APRENDER E DISFRUTAR MOITO

Ningún comentario:

Publicar un comentario