venres, 12 de abril de 2019

Un Entroido monstroso


Este ano 2019 o disfrace escollido foi o de monstro e coma sempre tratamos de que sexa significativo e as familias gocen ó ver ós seus fillos/as con eles.  Ademais, durante toda a semana de Entroido levamos a cabo diferentes temáticas en relación a esta festividade: algo na cabeza, no pescozo, mandil orixinal, disfrace libre e, por último o venres, DISFRAZÁMONOS DE MONSTROS!!!!! Iso si, os nosos non dan medo, senón que son coloridos e feitiños coma nós.

No venres as nenas e nenos maiores que pasan ó segundo ciclo de Educación Infantil o ano que ven, saíron de desfile ata a alameda. Mais, nese espazo estaban ás familias que foron quen de velos e retratar o momento, coma unha experiencia para o recordo. Á volta, bailamos e comemos doces típicos do Entroido, e como en Galicia somos expertos en facer boas festas e boa comida, na escola non íamos ser menos. 

Velaquí vós deixamos algunhas fotiños desta data tan especial, que tanto os cativos como as mestras, agardamos con ilusión cada ano....



AULA DOS SOLES








AULA NUBES


















AULA ESTRELAS

















AULA LÚAS





Ningún comentario:

Publicar un comentario